«Lingua e Literatura 2º de ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Lingua e Literatura 2º de ESO foi elaborado por Agustín Fernández Paz, Emiliano Orizales Orizales, Xosé Manuel Moo Pedrosa, Ramón Nicolás Rodríguez e Anaír Rodríguez Rodríguez.

Esta nova proposta, con 200 páxinas, presenta doce unidades onde se desenvolve o currículo establecido pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia (2007). Na parte final engádese un apéndice de contidos morfolóxicos, ortográficos e o vocabulario traballado no libro.

Cada unidade consta dos seguintes apartados:

LECTURA: proposta dun texto de traballo pertencente a distintas tipoloxías e xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro, cómic, reportaxe), con ilustracións de Javi Montes.

TRABALLO CO TEXTO: proposta de actividades a partir da lectura estruturada en tres apartados (ao igual que no resto dos cursos da ESO):
– Comprendemos: comprensión textual oral e escrita.
– Expresámonos: expresión oral e escrita.
– Reflexionamos: actividades sobre ortografía, léxico, morfosintaxe, fraseoloxía…
Sempre que sexa pertinente, ofrécense referencias a páxinas web para ampliar coñecementos sobre o autor ou autora, ou sobre algún aspecto traballado na dobre páxina.

FORMAS DE COMUNICACIÓN: neste apartado abórdanse contidos sobre comunicación textual oral e escrita, tipoloxía textual e xéneros literarios. Entre outros, preséntanse os seguintes contidos:
– Textos instrutivos (unidade 3).
– A noticia e a crónica (unidade 4), con fichas de análise e concedéndolle moita importancia a información gráfica.
– Un mundo de mensaxes: cartas persoais, correo electrónico, diario, blog… (unidade 5).
– Escribir co procesador de textos (unidade 7).

OS NOMES DAS COUSAS: dobre páxina onde se traballan os contidos léxicos a partir dunha ilustración a gran tamaño. Ao final de cada dobre páxina, nun recadro denominado “A voltas co vocabulario” incídese en determinados contidos relacionados co léxico e a semántica (prefixación, sufixación, sinonimia, polisemia…).

A LINGUA POR DENTRO: desenvólvense os contidos de morfosintaxe a partir dos textos, cun enfoque comunicativo:
– Trabállanse as categorías gramaticais e as funcións sintácticas, relacionándoas coas unidades que desempeñan estas funcións.
– Os contidos conceptuais máis importantes aparecen claramente destacados, mediante filetes ou mediante cadros que permiten que o alumnado poida discernir con facilidade a información principal da secundaria.
– Ao final do apartado ofrécese unha síntese dos contidos traballados.

LINGUA E SOCIEDADE: abórdanse os contidos de sociolingüística, cun tratamento moi visual da información (mapas, gráficos, viñetas…) e con propostas de traballo coas novas tecnoloxías.

ESCRIBIMOS BEN: preséntanse os contidos de ortografía, adecuación, coherencia e cohesión textual.
– Primeira páxina: contidos de ortografía e puntuación, sempre partindo de textos.
– Segunda páxina: contidos de gramática textual e de comprensión e produción de textos. Diversidade textual: textos literarios, xornalísticos, extraídos das novas tecnoloxías, textos de instrucións, correos electrónicos…

Premendo na imaxe que vén deseguido pódese ver, completa, a táboa de contidos do libro.

Etiquetas: ,

2 Respostas to “«Lingua e Literatura 2º de ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009”

  1. Programación “lingua e literatura” 2º de ESO « Xerais blog Says:

    […] Programación “lingua e literatura” 2º de ESO Aquí pode baixarse a programación en pdf (46 páxinas) de Lingua e literatura de 2º de ESO. […]

  2. Programación de «Lingua e Literatura 2º de ESO» « Xerais lingua Says:

    […] á disposición do profesorado de ESO a programación de Lingua e Literatura 2º de ESO de Xerais para o curso 2008-2009, que se pode descargar aquí en formato pdf. En breve subiremos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: