Pareceunos moi interesante o especial sobre Xosé María Álvarez Blázquez que preparou Vieiros nesta véspera do Día das Letras Galegas.
Entrevistas cos seus fillos Celso e Alfonso Álvarez Cáccamo; lectura de textos literarios propios por parte de seis autores novos; catro versións musicadas e vídeos con montaxes de poemas do autor…; e a posibilidade de descargar un facsímile de Poemas de ti e de min, primeiro poemario de Álvarez Blázquez, publicado en 1949 na Colección Benito Soto.
Moito deste material literario e audiovisual pode ser aproveitado como recurso didáctico para traballar nas aulas.