Culturagalega.org volve ofrecernos unha moi interesante entrevista. Neste caso, Agustín Fernández Paz reflexiona sobre a situación actual da literatura infantil e xuvenil en Galicia, e sobre as claves para entender a súa consolidación no noso sistema literario. Ademais tamén nos fala da súa última obra, O único que queda é o amor, recentemente traducida ao portugués, e fainos algunhas recomendacións de lecturas para este verán.
Posts Tagged ‘entrevista’
Entrevista a Agustín Fernández Paz
Xullo 10, 2008Linguas en perigo
Xuño 24, 2008Parécenos moi interesante a entrevista que en culturagalega lle fan a Carme Junyent a partir da súa participación no encontro «Sociedades plurilingües: da unidade á diversidade», que se celebrou a semana pasada no Consello da Cultura Galega.
Segundo esta investigadora, presidenta do «Grup d’Estudi de Llengües Amenaçades» e unha das maiores especialistas da Península en linguas en perigo, durante o século XXI desaparecerán entre o 50 e o 90% das linguas faladas actualmente, entre outros motivos porque máis dun 40% das linguas xa non se están transmitindo interxeracionalmente. Destaca ademais Carme Junyent a perda de coñecemento que supón a desaparición dunha lingua.
Esta entrevista pode ter moi bo aproveitamento como recurso de aula para traballar os seguintes contidos de Lingua 1º de Bacharelato:
– A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade lingüística. Multilingüismo e plurilingüismo.
– A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na Península Ibérica. Territorios usos e situación legal. O caso galego.
Tamén pode servir para contidos de 2º de Bacharelato:
– Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
Recurso de aula: entrevista a María Pilar Freitas
Maio 9, 2008Na sección «Luces» de El País aparece esta entrevista á autora de A represión lingüística en Galiza no século XX, que pode ser empregado como recurso de aula en 1º e 2º de Bacharelato.