Archive for the ‘TIC’ Category

Exeria: unha aplicación informática contra a linguaxe sexista

Xaneiro 20, 2009
exeriaOnte foi presentada «Exeria» unha aplicación informática que permite a revisión lingüística de textos coa finalidade de conseguir un uso non sexista da linguaxe. Esta ferramenta detecta unha serie de termos susceptibles dun uso sexista e propón diferentes suxestións e alternativas.
Ademais da propia aplicación, que se pode descargar de balde na súa páxina e que e compatible cos sistemas operativos GNU/Linux, Windows e MacOSX, pódese consultar o seu glosario dende a propia Rede.
En todos os seus materiais educativos Edicións Xerais intenta transmitirlle ao alumnado e ao profesorado a necesidade de utilizar unha linguaxe non sexista e non discriminatoria. Na materia de Lingua e literatura este é un contido que se presenta de forma transversal ao longo de todas as unidades e de todos os niveis. Ademais, tamén se trata de forma específica nalgúns apartados concretos, como no caso de «Lingua e sociedade» unidade 10 de Lingua e literatura 4ºde ESO: «Por unha linguaxe non sexista».
Dende Edicións Xerais de Galicia recibimos con agrado este tipo de iniciativas que contribúen a mellorar os usos lingüísticos e as relacións entre as persoas.
Advertisement

A obra plástica de Castelao dispoñible en Internet

Novembro 19, 2008

castelao_caricaturaO Museo de Pontevedra pon a disposición dos usuarios e usuarias de Internet 1611 traballos gráficos de Castelao que se poden consultar e ampliar até o detalle. As ilustracións de As cruces de pedra na Bretaña, as de Os dous de sempre, as de Os vellos non deben de namorarse, cadros, distintos borradores para carteis… A partir de agora todo isto está accesible na páxina web do Museo de Pontevedra.

Un recurso interesante para ampliar información sobre o autor de Rianxo, sobre todo en 4º de ESO e en 2º de Bacharelato.

Lingua e Literatura 1º de ESO. Unidade 3. Recursos na rede

Novembro 12, 2008

lingua-e-liter-1-eso

– PARA TRABALLAR O LÉXICO DO CORPO HUMANO

http://engalego.iespana.es/clic7.htm: paquete clic realizado por Xosé Antón Vicente Rodríguez , do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa, para traballar o vocabulario galego a través de encrucillados, segundo áreas temáticas: animais, alimentos, deportes, o corpo humano, agricultura, transporte.

http://www.orellapendella.org/este_e_o_dedo_meninho: a páxina Orella Pendella. Ditos, recitados e cancións infantís é un estupendo recurso educativo sobre todo para a Educación Primaria. Neste primeiro curso de Secundaria tamén pode ser de proveito para traballar algúns aspectos de léxico. Nesta unidade, podemos completar a información dada no libro do alumnado sobre os nomes dos dedos da man coas denominacións populares que se recollen no famoso xogo infantil ao que remitimos.

– SOBRE AS LINGUAS DA PENÍNSULA

Páxina web de cada un dos xornais citados na unidade:
Galicia Hoxe: http://www.galicia-hoxe.com/
Jornal de Notícias: http://jn.sapo.pt/paginainicial/
Berria: http://www.berria.info/
Avui: http://www.avui.cat/
El País: http://www.elpais.com/

Portal sobre lingua galega da Xunta de Galicia:
http://www.xunta.es/linguagalega/

Portal da lingua catalá da Generalitat de Catalunya: http://www20.gencat.cat/portal/site/Llengcat/

Portal sobre éuscaro do Goberno Vasco:
http://www.euskara.euskadi.net/r59-734/es/

Vocabulario Multilingüe de Economía na rede

Novembro 4, 2008

Informan Vieiros e Culturagalega de que a partir deste momento pódese utilizar unha nova ferramenta en Internet: o Vocabulario Multilingüe de Economía, proxecto coordinado pola Universidade de Santiago e pola Universidade Pompeu Fabra de Cataluña. Nesta páxina podemos consultar terminoloxía específica sobre economía en distintas linguas: galego, catalán, éuscaro, castelán e inglés.

Aínda que nestes momentos non está totalmente depurada, pode ser de interese para ampliar información sobre os temas de terminoloxía específica propostos nas unidades 6 e 7 (apartado de Léxico) do libro do alumnado de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato de Xerais.

Entrevista a Agustín Fernández Paz

Xullo 10, 2008

Culturagalega.org volve ofrecernos unha moi interesante entrevista. Neste caso, Agustín Fernández Paz reflexiona sobre a situación actual da literatura infantil e xuvenil en Galicia, e sobre as claves para entender a súa consolidación no noso sistema literario. Ademais tamén nos fala da súa última obra, O único que queda é o amor, recentemente traducida ao portugués, e fainos algunhas recomendacións de lecturas para este verán.

Linguas en perigo

Xuño 24, 2008

Parécenos moi interesante a entrevista que en culturagalega lle fan a Carme Junyent a partir da súa participación no encontro «Sociedades plurilingües: da unidade á diversidade», que se celebrou a semana pasada no Consello da Cultura Galega.

Segundo esta investigadora, presidenta do «Grup d’Estudi de Llengües Amenaçades» e unha das maiores especialistas da Península en linguas en perigo, durante o século XXI desaparecerán entre o 50 e o 90% das linguas faladas actualmente, entre outros motivos porque máis dun 40% das linguas xa non se están transmitindo interxeracionalmente. Destaca ademais Carme Junyent a perda de coñecemento que supón a desaparición dunha lingua.

Esta entrevista pode ter moi bo aproveitamento como recurso de aula para traballar os seguintes contidos de Lingua 1º de Bacharelato:

– A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade lingüística. Multilingüismo e plurilingüismo.

– A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na Península Ibérica. Territorios usos e situación legal. O caso galego.

Tamén pode servir para contidos de 2º de Bacharelato:

– Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.

A importancia das TIC no ensino

Xuño 9, 2008

O diario dixital A Nosa Terra faise eco da importancia do uso das novas tecnoloxías como recurso didáctico fundamental con motivo da entrega do II Premio Espiral edublogs 08.

A necesidade de promocionar e aplicar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no ámbito educativo é un dos principios do proxecto de Edicións Xerais para a materia de Lingua e Literatura.

En Lingua e Literatura 1º ESO inclúese como texto de lectura para a súa reflexión a reportaxe titulada “O fenómeno blog”. Entre outros contidos, no apartado «Traballo co texto» correspondente a esta lectura proponse a creación dun blog de aula:

En Lingua e Literatura 2º ESO, o apartado «Lingua e sociedade» da unidade 3 está dedicado á importancia das novas tecnoloxías na sociedade actual:

Así mesmo, trátase o correo electrónico, o blog ou as mensaxes SMS como novas formas de comunicación a carón doutras máis tradicionais como cartas ou diarios:

No segundo ciclo, o material de Lingua e Literatura 3º ESO dedica o apartado «Lingua e sociedade» da unidade 11 á presenza da lingua galega en Internet:

E en Lingua e Literatura 4º ESO trátanse, por unha parte, as características dos xornais dixitais e, por outra, a importancia das TIC na comunicación actual:

En Bacharelato, o manual de Lingua e Literatura 1 Bacharelato trata, dentro da «Reflexión sobre o texto», as características da escrita en Internet e trabállase en concreto a estrutura dos blogs:

O traballo coas TIC tamén se fomenta ao longo de todo o libro a través de propostas de actividades que promoven o uso das novas tecnoloxías como ferramentas indispensables na actualidade para a busca e o tratamento da información.

Axenda de enderezos de Internet en galego

Xuño 3, 2008

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo publicou unha guía con enderezos de Internet, que se pode descargar, onde se atopa información en galego sobre temas tan variados como banda deseñada, cultura popular, ecoloxismo, educación, imaxe e audiovisual, información cultural, libros e literatura, lingua, música, xornais e información xeral, etc.
Consideramos de moito interese o seu coñecemento por parte do profesorado de Lingua e Literatura de ESO e de Bacharelato, xa que moitas das páxinas citadas poden ser empregadas como recursos de aula ou para ampliar información sobre determinados contidos.