Archive for the ‘ESO’ Category

En escena «Comedia bífida»

Febreiro 25, 2009

cartelcomediabifidaA compañía de teatro Bicodobrelo leva á escena a obra de Manuel C. Núñez Singala Comedia bífida, onde se reflexiona sobre as actitudes lingüísticas dos galegos e galegas.

A obra estará na Sala Santart de Santiago de Compostela o sábado 28 de febreiro e o domingo 1 de marzo ás seis da tarde.

Interesante recurso para apoiar contidos como a normalización, as actitudes e prexuízos, e os usos lingüísticos do galego.

Exeria: unha aplicación informática contra a linguaxe sexista

Xaneiro 20, 2009
exeriaOnte foi presentada «Exeria» unha aplicación informática que permite a revisión lingüística de textos coa finalidade de conseguir un uso non sexista da linguaxe. Esta ferramenta detecta unha serie de termos susceptibles dun uso sexista e propón diferentes suxestións e alternativas.
Ademais da propia aplicación, que se pode descargar de balde na súa páxina e que e compatible cos sistemas operativos GNU/Linux, Windows e MacOSX, pódese consultar o seu glosario dende a propia Rede.
En todos os seus materiais educativos Edicións Xerais intenta transmitirlle ao alumnado e ao profesorado a necesidade de utilizar unha linguaxe non sexista e non discriminatoria. Na materia de Lingua e literatura este é un contido que se presenta de forma transversal ao longo de todas as unidades e de todos os niveis. Ademais, tamén se trata de forma específica nalgúns apartados concretos, como no caso de «Lingua e sociedade» unidade 10 de Lingua e literatura 4ºde ESO: «Por unha linguaxe non sexista».
Dende Edicións Xerais de Galicia recibimos con agrado este tipo de iniciativas que contribúen a mellorar os usos lingüísticos e as relacións entre as persoas.

Flocos.tv, un recurso interesante sobre cine galego

Xaneiro 7, 2009

cartel_pai_miguelinoFlocos.tv é unha páxina creada hai uns meses pola Axencia Audiovisual Galega e que ten un grande interese para obter información histórica e actual sobre o cine galego, tanto no que se refire á ficción, como ao cine de animación ou ao documental.
Ademais, conta tamén cun apartado de ciclos temáticos do cal nestes momentos recomendamos o denominado «Especial anos 70 (I)», onde se poden ver as curtas «O pai de Migueliño» de Miguel Castelo e «O cadaleito» Enrique Rodríguez Baixeras. Estas obras foron realizadas baseándose nos contos «O pai de Migueliño», de Castelao (Cousas) e «A caixa do morto», de Ánxel Fole (Á lus do candil).
Recomendamos o seu emprego como recurso didáctico de literatura comparada cando se traballen as obras destes dous autores e para o tratamento específico do tema do cine, que nos libros de Xerais se atopa na unidade 6 de Lingua e Literatura 3º de ESO (apartados «Formas de comunicación» e «Os nomes das cousas»).

Edítase o facsímile do Manifesto da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

Novembro 21, 2008

manifesto_irmandadesA Fundación Galiza Sempre acaba de publicar un facsímile do Manifesto da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala, celebrada en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918.

O movemento das Irmandades da Fala xurdira en maio de 1916 na Coruña promovido por Antón Vilar Ponte e tiña como obxectivo principal o de reivindicar a lingua e a cultura de Galicia. Pouco a pouco constituíronse outras agrupacións locais en Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Pontevedra, Ourense e Vilalba e fóronse sumando intelectuais e escritores como Castelao, Cabanillas, Risco, etc., que participaban activamente na publicación de A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala dende novembro de 1916. Na Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918 estas agrupacións convertéronse nunha federación, que tiña entre os seus obxectivos:

– A cooficialidade lingüística entre galego e castelán.

– Unha ampla autonomía que permitise resolver os problemas económicos e sociais do país.

– Fomentar a cultura propia de Galicia.

– O ingreso das nacionalidades na Liga das Nacións e federalismo con Portugal.

Faise eco desta noticia o xornal dixital Vieiros.

O profesorado pode empregar este recurso para ampliar información sobre a unidade 1 de 4º de ESO e sobre a unidade onde se tratan as Irmandades da Fala en 2º de Bacharelato. Tamén é de interese para as unidades de ESO e Bacharelato onde se trata a historia da lingua galega no século XX.

A obra plástica de Castelao dispoñible en Internet

Novembro 19, 2008

castelao_caricaturaO Museo de Pontevedra pon a disposición dos usuarios e usuarias de Internet 1611 traballos gráficos de Castelao que se poden consultar e ampliar até o detalle. As ilustracións de As cruces de pedra na Bretaña, as de Os dous de sempre, as de Os vellos non deben de namorarse, cadros, distintos borradores para carteis… A partir de agora todo isto está accesible na páxina web do Museo de Pontevedra.

Un recurso interesante para ampliar información sobre o autor de Rianxo, sobre todo en 4º de ESO e en 2º de Bacharelato.

Linguas minorizadas: o romanche ou retorrománico

Novembro 12, 2008

romancheO xornal Galicia Hoxe publica unha nova onde se comentan os problemas que está padecendo o romanche, ou retorrománico, unha das catro linguas oficiais de Suíza falada no cantón de Grisóns, nos Alpes, por aproximadamente o 0,5% da poboación helvética. O romanche divídese en cinco dialectos, a partir dos cales se creou en 1982 a variedade estándar, o romanche grisón, que nunca chegou a callar entre a comunidade de falantes.

Nestes momentos unhas 60.000 persoas aseguran usar con asiduidade esta lingua, pero o feito de non contar cunha política lingüística adecuada, así como que os seus falantes teñan problemas de comprensión entre os distintos dialectos, está provocando que, poco a pouco, vaia perdendo usuarios en beneficio do alemán.

Esta noticia pode ser empregada como texto de apoio no apartado de «Lingua e sociedade» da unidade 7 de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato (As linguas no mundo. A Europa multilingüe).

Así mesmo, tamén é un reurso interesante para o apartado «Lingua e sociedade» da unidade 1 de Lingua e Literatura 1º de ESO (As linguas do mundo).

Lingua e Literatura 1º de ESO. Unidade 3. Recursos na rede

Novembro 12, 2008

lingua-e-liter-1-eso

– PARA TRABALLAR O LÉXICO DO CORPO HUMANO

http://engalego.iespana.es/clic7.htm: paquete clic realizado por Xosé Antón Vicente Rodríguez , do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa, para traballar o vocabulario galego a través de encrucillados, segundo áreas temáticas: animais, alimentos, deportes, o corpo humano, agricultura, transporte.

http://www.orellapendella.org/este_e_o_dedo_meninho: a páxina Orella Pendella. Ditos, recitados e cancións infantís é un estupendo recurso educativo sobre todo para a Educación Primaria. Neste primeiro curso de Secundaria tamén pode ser de proveito para traballar algúns aspectos de léxico. Nesta unidade, podemos completar a información dada no libro do alumnado sobre os nomes dos dedos da man coas denominacións populares que se recollen no famoso xogo infantil ao que remitimos.

– SOBRE AS LINGUAS DA PENÍNSULA

Páxina web de cada un dos xornais citados na unidade:
Galicia Hoxe: http://www.galicia-hoxe.com/
Jornal de Notícias: http://jn.sapo.pt/paginainicial/
Berria: http://www.berria.info/
Avui: http://www.avui.cat/
El País: http://www.elpais.com/

Portal sobre lingua galega da Xunta de Galicia:
http://www.xunta.es/linguagalega/

Portal da lingua catalá da Generalitat de Catalunya: http://www20.gencat.cat/portal/site/Llengcat/

Portal sobre éuscaro do Goberno Vasco:
http://www.euskara.euskadi.net/r59-734/es/

Lingua e Literatura 1º de ESO. Unidade 2. Recursos na rede

Novembro 12, 2008

lingua-e-liter-1-eso

– SOBRE CONTOS POPULARES

Galicia encantada

http://www.galiciaencantada.com: unha enciclopedia da fantasía popular de Galicia: os seus seres imaxinarios, os seus mitos e lendas, os seus contos, romances e aventuras…

Contos populares

http://www.geocities.com/Area51/Shadowlands/7336/contos.htm: unha antoloxía de 53 contos populares galegos.

– RECURSOS PARA TRABALLAR O LÉXICO ESPECÍFICO DA CASA E DA CONSTRUCIÓN

Diccionario Visual da Construción

http://diccionario.coag.es/index.php: unha estupenda ferramenta bilingüe galego-castelán con láminas visuais para comprender graficamente o significado do léxico específico da construción.

Glosario de urbanismo

http://galego.org/vocabularios/urbanismo.html

Diccionario interactivo de arquitectura e construcción

http://www.arquitecturagalega.net/AG/dicionario/dicionario.cgi?amosa=paxina

– ACTIVIDADES SOBRE ACENTUACIÓN ORTOGRÁFICA CON SOLUCIONARIO

http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm

Lingua e Literatura 1º de ESO. Unidade 1. Recursos na rede

Novembro 6, 2008

lingua-e-liter-1-eso– ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL
http://www.xunta.es/linguagalega/actividades_de_expresion_oral

Pódesense empregar estes recursos que ofrece a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística para traballar a comunicación oral. Empregando algunha das fichas que se propoñen, pódense simular situacións de comunicación oral e analizar posteriormente as características propias da lingua oral.

– FERRAMENTA LEXICOGRÁFICA BÁSICA

http://www.realacademiagalega.org/volga/

O alumnado debe coñecer o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega como ferramenta básica para a fixación ortográfica do léxico galego.

– RECURSOS PARA TRABALLAR O LÉXICO ESPECÍFICO DA SAÚDE

Proxecto Artello
http://www.xunta.es/linguagalega/manuais_de_galego
Manual de ensino da lingua galega elaborado por Política Lingüística. Na ligazón Léxico 1 trabállase o léxico específico da saúde e a enfermidade.

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=30043
Na páxina do Servizo Galego de Saúde o profesorado pode atopar textos cos cales traballar léxico específico sobre saúde e doenzas.
No enlace concreto que achegamos, atópase información xeral, de carácter divulgativo sobre saúde e enfermidade.

– SOBRE AS LINGUAS DO MUNDO
http://www.ethnologue.com/

Versión electrónica do catálogo máis completo de linguas e dialectos do mundo. Na rede pode consultarse por linguas, familias lingüísticas, territorios, etc. Contén mapas lingüísticos da maioría dos países.

http://www.asnosaspalabras.org/home.php

Páxina da exposición organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a lingua galega e a diversidade lingüística.

– SOBRE AS LINGUAS DE EUROPA
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/mapas.php?Indice=0&idioma=1

A Guía Aberta da Lingua Galega, Loia, ofrece un mapa das linguas de Europa no cal se pode observar a complexidade lingüística existente e reflexionar sobre conceptos como linguas oficiais e non oficiais, linguas maioritarias e minoritarias, linguas estatais ou linguas minorizadas.