
Archive for the ‘Descargas’ Category
Exeria: unha aplicación informática contra a linguaxe sexista
Xaneiro 20, 2009
Ademais da propia aplicación, que se pode descargar de balde na súa páxina e que e compatible cos sistemas operativos GNU/Linux, Windows e MacOSX, pódese consultar o seu glosario dende a propia Rede.
En todos os seus materiais educativos Edicións Xerais intenta transmitirlle ao alumnado e ao profesorado a necesidade de utilizar unha linguaxe non sexista e non discriminatoria. Na materia de Lingua e literatura este é un contido que se presenta de forma transversal ao longo de todas as unidades e de todos os niveis. Ademais, tamén se trata de forma específica nalgúns apartados concretos, como no caso de «Lingua e sociedade» unidade 10 de Lingua e literatura 4ºde ESO: «Por unha linguaxe non sexista».
Dende Edicións Xerais de Galicia recibimos con agrado este tipo de iniciativas que contribúen a mellorar os usos lingüísticos e as relacións entre as persoas.
Decreto de Bacharelato LOE
Xuño 23, 2008No DOG de hoxe sae publicado o Decreto que establece o currículo de Bacharelato LOE da Consellería de Educación. Inclúe os currículos de todas as materias e o regulamento das ensinanzas desta etapa educativa. Pódese descargar completo aquí.
No que se refire especificamente á materia de Lingua Galega e Literatura I e II, vai da páxina 12.209 á 12.214 do DOG.