A Real Academia Galega fixo público onte un manifesto onde se pronuncia sobre o estado actual da lingua galega. Consideramos que este documento supón un paso importante na defensa do idioma galego e un posicionamento claro da RAG respecto do debate creado nos últimos meses arredor desta cuestión.
Segundo a Academia, deberíase conseguir un acordo social integrador a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma, sustentado basicamente en que a lingua galega é un patrimonio de todos e todas (e polo tanto debe quedar fóra de controversias partidarias), no impulso do multilingüismo, na reafirmación e desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e no compromiso de impulsar unha igualdade lexislativa canto aos dereitos e deberes dos cidadáns e cidadás co castelán e co galego.
Hoxe fanse eco da noticia , entre outros, os seguintes xornais: Galicia Hoxe, Vieiros, A Nosa Terra, Xornal de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso e El País.
Etiquetas: real_academia_galega, unha_lingua_para_todos
Maio 13, 2009 ás 11:11 am |
[…] lingua para todos By xerais No blog de lingua de Xerais coméntase o manifesto sobre o estado da lingua que onte fixo público a Real Academia […]
Maio 16, 2009 ás 1:54 pm |
[…] non é só A Mesa tamén a RAG protesta. Tamén é interesante o que se nos apunta ó respecto no blog de Xerais, e iso si que é inédito. Na defensa do galego nin un paso […]