O Museo de Pontevedra pon a disposición dos usuarios e usuarias de Internet 1611 traballos gráficos de Castelao que se poden consultar e ampliar até o detalle. As ilustracións de As cruces de pedra na Bretaña, as de Os dous de sempre, as de Os vellos non deben de namorarse, cadros, distintos borradores para carteis… A partir de agora todo isto está accesible na páxina web do Museo de Pontevedra.
Un recurso interesante para ampliar información sobre o autor de Rianxo, sobre todo en 4º de ESO e en 2º de Bacharelato.
Etiquetas: 2º Bacharelato, 4º ESO, Castelao, Museo_Pontevedra
Decembro 13, 2008 ás 12:47 pm |
Grazas polo aporte,pois estamos estudando a Castelao,precisamente co libro de 4º de ESO de Xerais.
Gustanme os volumes de Cousas da Vida en todas as súas variantes (Nenos,Vellos,Animais…) e os volumes Atila en Galicia,Milicianos e o outro que non me acordo do nome parecenme moi macabros :S
Un saúdo