Culturagalega.org volve ofrecernos unha moi interesante entrevista. Neste caso, Agustín Fernández Paz reflexiona sobre a situación actual da literatura infantil e xuvenil en Galicia, e sobre as claves para entender a súa consolidación no noso sistema literario. Ademais tamén nos fala da súa última obra, O único que queda é o amor, recentemente traducida ao portugués, e fainos algunhas recomendacións de lecturas para este verán.
Archive for Xullo 2008
Entrevista a Agustín Fernández Paz
Xullo 10, 2008Sobre as linguas oficiais
Xullo 7, 2008Foto de familia de Blanco Amor
Xullo 7, 2008Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo este fermosísimo texto descritivo sobre Eduardo Blanco Amor a partir dunha foto de familia de aproximadamente o ano 1908. Permitiranos afondar na biografía do grande escritor de Ourense.
Pode empregarse como apoio aos contidos de literatura de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.
Reproducimos un breve fragmento:
Eduardo fita o obxectivo cunha sorte de desafío no que adiviñamos curiosidade e perspicacia. Un inicio de sorriso anuncia o xesto inconfundíbel que coñecimos no Eduardo adulto cando el marcaba as distancias co mundo e nos escrutaba a todos tratando de adiviñar segredos e intencións.