«Lingua e Literatura 4º de ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Lingua e Literatura 4º de ESO foi elaborado por Agustín Fernández Paz, Emiliano Orizales Orizales, Xosé Manuel Moo Pedrosa, Ramón Nicolás Rodríguez e Anaír Rodríguez Rodríguez.

Esta nova proposta, con 280 páxinas, presenta doce unidades onde se desenvolve o currículo establecido pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia (2007). Na parte final engádese un apéndice cos seguintes contidos: a literatura e os xéneros literarios, algúns termos literarios, comentario de textos literarios, vocabulario, un cadro para entender a literatura galega do século XX e comezos do XXI.

Cada unidade consta dos seguintes apartados:

LITERATURA: dúas dobres páxinas onde se abordan os contidos de historia da literatura do século XX e comezos do XXI, cunha redacción moi sintética e clara e con abundante documentación gráfica. Proposta de actividades de comprensión dos coñecementos adquiridos ao final de cada apartado.

ESCOLMA: recompilación de textos da época literaria ou dos autores tratados en cada unidade, con fragmentos de contextualización de cada texto.

LECTURA: proposta dun texto literario de traballo pertencente á época ou ao autor ou autora tratados, con iustracións de Ramón Trigo.

TRABALLO CO TEXTO: proposta de actividades a partir da lectura estruturada en tres apartados (ao igual que no resto dos cursos da ESO):
– Comprendemos: comprensión textual oral e escrita.
– Expresámonos: expresión oral e escrita.
– Reflexionamos: actividades sobre ortografía, léxico, morfosintaxe, fraseoloxía…
Sempre que sexa pertinente, ofrécense referencias a páxinas web para ampliar coñecementos sobre o autor ou autora, ou sobre algún aspecto traballado na dobre páxina.

FORMAS DE COMUNICACIÓN: este apartado novo, que non estaba na edición anterior do libro, aborda contidos sobre comunicación textual oral e escrita. Ademais das unidades concretas referidas a contidos establecidos no currículo (comprensión e produción de textos expositivos e argumentativos, solicitudes, reclamacións, currículo, as TIC, os textos publicitarios…), ofrécense unha serie de alternativas innovadoras para axudar no proceso de composición de textos, así como varias propostas de actividades creativas de composición de textos.

OS NOMES DAS COUSAS: dobre páxina onde se traballan os contidos léxicos a partir dunha ilustración a gran tamaño.

A LINGUA POR DENTRO: contidos de morfosintaxe a partir dos textos. Trabállanse as categorías gramaticais e as funcións sintácticas, relacionándoas coas unidades que desempeñan estas funcións. Os contidos conceptuais máis importantes aparecen claramente destacados, mediante filetes ou mediante cadros que permiten que o alumnado poida discernir con facilidade a información principal da secundaria. Ao final do apartado ofrécese unha síntese dos contidos traballados.

ESCRIBIMOS BEN: desenvolvemento dos contidos de ortografía, adecuación, coherencia e cohesión textual. Exemplificado con textos extraídos de ámbitos moi diversos: noticias, cartas ao director, textos de Internet, enciclopedias, anuncios breves, textos publicitarios, folletos informativos…
– Composición de textos.
– Conectores textuais.
– Traballo co parágrafo.
– Incorreccións máis habituais.

LINGUA E SOCIEDADE: unha páxina que pecha cada unidade, onde se desenvolven os contidos de sociolingüística, cun tratamento moi visual da información (mapas, gráficos…) e con propostas de traballo coas novas tecnoloxías.

Aquí abaixo pódese ver, completa, a táboa de contidos do libro e mais o despregable do apéndice onde se facilita un práctico cadro cronolóxico para entender a literatura galega do século XX e comezos do XXI:

Etiquetas: ,

2 Respostas to “«Lingua e Literatura 4º de ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009”

  1. Programación de “Lingua e literatura” 4º de ESO « Xerais blog Says:

    […] e literatura” 4º de ESO Aquí pode baixarse a programación en pdf (47 páxinas) de Lingua e literatura de 4º de […]

  2. Programación de «Lingua e Literatura 4º de ESO» « Xerais lingua Says:

    […] á disposición do profesorado de ESO a programación de Lingua e literatura de 4º de ESO de Xerais para o curso 2008-2009, que se pode descargar aquí en formato […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: