«Lingua e Literatura 1º de Bacharelato»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

O novo manual de Edicións Xerais para o alumnado de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato foi elaborado por Ana Iglesias Álvarez, Xosé Manuel Moo Pedrosa, Xosé Ramón Pena Sánchez, Anaír Rodríguez Rodríguez e Manuel Rosales Cereijo.

Esta nova proposta, con 344 páxinas, presenta dez unidades de lingua e outras dez de literatura, onde se desenvolven os contidos do currículo de Bacharelato LOE (2008). Na parte final engádese un apéndice gramátical onde se poden consultar os paradigmas ortográficos e morfolóxicos.

No apartado «REFLEXIÓN SOBRE O TEXTO», que abre cada unidade de lingua, trabállase, dende un enfoque comunicativo, a comprensión e composición textual a partir de textos de diversas tipoloxías e ámbitos (narrativo, descritivo, dialogado, expositivo, argumentativo, ensaio, noticia, reportaxe, artigo de opinión, novas tecnoloxías). Así mesmo, neste apartado tamén se propoñen actividades para reforzar os contidos morfosintácticos, ortográficos e léxicos dende os coñecementos previos do alumnado.


En «LINGUA E SOCIEDADE» desenvólvense os contidos de sociolingüística (historia da lingua, linguas do mundo e de Europa, rexistros lingüísticos…), de forma moi clara e sistematizada e co apoio de cadros, gráficos, mapas e esquemas. En moitos casos, as actividades van enfocadas ao traballo coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).

No apartado «ESTUDO DA LINGUA» son tratados os contidos de morfosintaxe: clases de palabras, disciplinas lingüísticas…

En «LÉXICO E SEMÁNTICA» desenvólvense contidos como relacións de significado, prefixos e sufixos, familias léxicas, terminoloxía específica, fraseoloxía, toponimia e antroponimia…

O apartado «LITERATURA», cun enfoque claramente comunicativo, partindo sempre dos textos, presenta os contidos de historia da literatura dende os comezos ata o século XIX, así como o tratamento dos distintos xéneros e recursos literarios.

Os «TEXTOS DE TRABALLO» son unha brevísima escolma de textos da época literaria estudada en cada unidade con propostas de actividades para traballar distintos aspectos deses textos.

Etiquetas: ,

Unha resposta to “«Lingua e Literatura 1º de Bacharelato»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009”

  1. Novo blog: Xerais lingua « Xerais blog Says:

    […] noticias dan contan das novidades que presentamos estes días ao profesorado de Secundaria: Lingua e literatura galegas 1º de Bacharelato e Lingua e literatura galegas para 2º e 4º de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: