Especial sobre Xosé María Álvarez Blázquez en Vieiros

Pareceunos moi interesante o especial sobre Xosé María Álvarez Blázquez que preparou Vieiros nesta véspera do Día das Letras Galegas.
Entrevistas cos seus fillos Celso e Alfonso Álvarez Cáccamo; lectura de textos literarios propios por parte de seis autores novos; catro versións musicadas e vídeos con montaxes de poemas do autor…; e a posibilidade de descargar un facsímile de Poemas de ti e de min, primeiro poemario de Álvarez Blázquez, publicado en 1949 na Colección Benito Soto.
Moito deste material literario e audiovisual pode ser aproveitado como recurso didáctico para traballar nas aulas.

Tags:

One Response to “Especial sobre Xosé María Álvarez Blázquez en Vieiros”

  1. Crítica de “Roseira do teu mencer” « Xerais blog Says:

    [...] Manuel Uhía volve ser o encargado de acompañar coa súa lectura en imaxes as composicións de Álvarez Blázquez, anovando a vida dos obxectos e personaxes evocados con ilustracións figurativas en cores [...]

Leave a Reply