Xullo 7, 2008 by xerais
Consideramos de interese a lectura destes tres artigos publicados nos últimos días en diferentes medios de comunicación e que tratan sobre a polémica arredor do recoñecemento legal e uso das linguas oficiais do Estado español.
Tags: albert_branchadell, josep_ramoneda, manuel_bragado
Anotado en Sociolingüística | Non hai comentarios »
Xullo 7, 2008 by xerais
Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo este fermosísimo texto descritivo sobre Eduardo Blanco Amor a partir dunha foto de familia de aproximadamente o ano 1908. Permitiranos afondar na biografía do grande escritor de Ourense.
Pode empregarse como apoio aos contidos de literatura de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.
Reproducimos un breve fragmento:
Eduardo fita o obxectivo cunha sorte de desafío no que adiviñamos curiosidade e perspicacia. Un inicio de sorriso anuncia o xesto inconfundíbel que coñecimos no Eduardo adulto cando el marcaba as distancias co mundo e nos escrutaba a todos tratando de adiviñar segredos e intencións.
Tags: 2º Bacharelato, 4º ESO, Blanco_Amor, Faro_de_Vigo, Méndez_Ferrín
Anotado en Fotografía, Literatura, Recursos de aula, Textos | Non hai comentarios »
Xuño 27, 2008 by xerais
Na sección «Luces» de El País Daniel Salgado publica unha interesante reportaxe sobre a novela policial. A partir da descrición das características máis destacadas de cada un dos detectives protagonistas (Nivardo Castro, Frank Soutelo, Horacio Dopico…) realízase un percorrido polos títulos do «xénero negro» en Galicia. Este tipo de novela comeza a súa andadura na nosa literatura con Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa, que en 1984 obtivo o 1º Premio Xerais de Novela.
Esta reportaxe pode ter aproveitamento na aula para complementar os contidos de Literatura de 4º de ESO e de 2º de Bacharelato.
Tags: 2º Bacharelato, 4º ESO, el_país, luces, novela_policial, reportaxe
Anotado en Literatura, Recursos de aula, Textos | Non hai comentarios »
Xuño 24, 2008 by xerais

Parécenos moi interesante a entrevista que en culturagalega lle fan a Carme Junyent a partir da súa participación no encontro «Sociedades plurilingües: da unidade á diversidade», que se celebrou a semana pasada no Consello da Cultura Galega.
Segundo esta investigadora, presidenta do «Grup d’Estudi de Llengües Amenaçades» e unha das maiores especialistas da Península en linguas en perigo, durante o século XXI desaparecerán entre o 50 e o 90% das linguas faladas actualmente, entre outros motivos porque máis dun 40% das linguas xa non se están transmitindo interxeracionalmente. Destaca ademais Carme Junyent a perda de coñecemento que supón a desaparición dunha lingua.
Esta entrevista pode ter moi bo aproveitamento como recurso de aula para traballar os seguintes contidos de Lingua 1º de Bacharelato:
- A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade lingüística. Multilingüismo e plurilingüismo.
- A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na Península Ibérica. Territorios usos e situación legal. O caso galego.
Tamén pode servir para contidos de 2º de Bacharelato:
- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
Tags: culturagalega, entrevista, junyent, linguas_en_perigo
Anotado en Recursos de aula, Sociolingüística, TIC, Vídeo | Non hai comentarios »
Xuño 23, 2008 by xerais
No DOG de hoxe sae publicado o Decreto que establece o currículo de Bacharelato LOE da Consellería de Educación. Inclúe os currículos de todas as materias e o regulamento das ensinanzas desta etapa educativa. Pódese descargar completo aquí.
No que se refire especificamente á materia de Lingua Galega e Literatura I e II, vai da páxina 12.209 á 12.214 do DOG.
Tags: 1º Bacharelato, 2º Bacharelato, currículo
Anotado en Descargas, Noticias, Programacións didácticas | Non hai comentarios »
Xuño 18, 2008 by xerais

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo realizou durante este curso 2007-2008 un marabilloso traballo de investigación consistente na recuperación de léxico mariñeiro.
O alumnado esteou o seu traballo en catro temas: partes da embarcación, embarcación de vela, navegación a vela e remo tradicional.
Sobre esta estrutura elaboraron cinco fichas de vocabulario (coa definición dos termos, comparativa da existencia dos termos en diversos dicionarios, resultados da enquisa, correspondencias galego-castelán, correspondencias galego-castelán-portugués-francés) e catro fermosas láminas onde se mostra de forma moi clara e visual a que fai referencia cada termo.
En culturagalega pódense escoitar as declaracións sobre o proxecto de Valentina Formoso, unha das súas responsables.
Dende Edicións Xerais queremos felicitar a todo o profesorado e o alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo e sobre todo ao seu Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística por levar a cabo unha iniciativa tan interesante.
Tags: IES_Félix_Muriel, Léxico
Anotado en Léxico, Noticias, Recursos de aula | Non hai comentarios »